Inauguración da exposición de pintura "Retallos de melancolía", de ÁNGELES MERA
A pintora viguesa visita por segunda vez as instalacións da Casa de Galicia en Madrid para dar a coñecer unha colección de óleos onde predomina a paisaxe; pintura sinxela, intimista cun punto de melancolía próxima á realidade e, ao mesmo tempo, cun chisco de indefinición, de evanescencia que poderá contemplarse ata o 29 de setembro de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
A pintura de Ángeles Mera reflicte o seu carácter, calidez e capacidade creadora, así como o seu entusiasmo e dedicación na continua procura dos valores plásticos.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2001 Sala de exposicións. El Rincón de los Artistas. Vigo.
2003 Sala de exposicións. El Rincón de los Artistas. Vigo.
2005 Sala de exposicións. Concello de Baiona. Baiona.
2006 Sala de exposicións. Soportais. Vigo.
2007 Sala de exposicións. Círculo Mercantil e Industrial. Vigo.
2008 Sala de exposicións. Centro Cultural-Deportivo Liceo Casino. Tui.
Sala de exposicións. Ángel Botello. Casa da Cultura de Cangas. Cangas do Morrazo.
Sala de arte La Fustería de Vendrell. Tarragona.
2009 Sala de exposicións. Ateneo de Ourense. Ourense.
2010 Sala de exposicións. Círculo Mercantil e Industrial. Vigo.
2011 Sala de exposicións. Casa de Galicia. Xunta de Galicia. Madrid.
2013 Sala de exposicións. Concello de Vigo. Vigo.
2015 Sala de exposicións. Diputación de Pontevedra (sede Vigo). Vigo.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1998 Grupo artístico Artistas do Obradoiro Carlos Fernández. Sala El Rincón de los Artistas. Vigo.
2008 Galería Art 222. Girona.
2010 VII Saló Internacional d"Arts Plástiques. Saló d"hivern. Sant Joan les Fonts. Girona.
2016 Vigo, Arte en feminino. Sala de exposicións. Concello de Vigo. Vigo.
DISTINCIÓNS
2008 Artista de Honra. V Saló Internacional d"Arts Plástiques. Sant Joan les Fonts. Girona.
2010 Premio de Honra. VII Saló Internacional d"Arts Plástiques. Saló d"hivern. Sant Joan les Fonts. Girona.
PUBLICACIÓNS
"Genios y figuras". Ediciones Ecuador. 21. S.L. Girona. 2007.
"Grandes artistas de hoy". Ediciones Ecuador. 21. S.L. Girona. 2010.
"Arte actual". Editorial Oliveras. Girona. 2015.