Inauguración da exposición de pintura "SÓ SON HUMANO, DESPOIS DE TODO", de Marinela Fontoira

Eventos
06/05/2017
06/05/2017
05/06/2017

Inauguración da exposición de pintura "SÓ SON HUMANO, DESPOIS DE TODO", de Marinela Fontoira

-

Artista plástica especializada en abstracción figurativa, paisaxismo abstracto e retratos, presenta a súa obra pictórica cun estilo propio marcado por unha gran riqueza cromática, expresividade e movemento, e ofrece ao espectador unha visión evocadora dun mundo cheo de fantasía, case narrativo e, ás veces, fantástico.

Os seus cadros poderán visitarse ata o 30 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

Marinela Fontoira naceu en Pontevedra en 1968, onde pasou a súa infancia e mocidade. Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade Complutense de Madrid, unha carreira que lle obrigou a ter os pés na terra, pero ela, aferrada á arte desde ben nena, nunca deixou de cultivar, na medida do posible, a escritura, a música, a danza e a pintura; sendo esta última a que ocupa a maior parte do seu labor creativo.

Os seus cadros son unha mestura de abstracción e figura: cos fondos, voa e soña, e coas persoas que pinta, trata de transmitir pequenas narracións e sentimentos que han de ser interpretados por cada espectador, segundo o que a súa cabeza ou corazón lles diga.

A súa inspiración son as forzas da natureza: o mar, o vento, as nubes e ceos imposibles, o lume, a neve, así como as persoas, as súas experiencias vitais e as emocións con que as sente e vive.

05 Junio 2017
Eventos
Imaxes