Inauguración da exposición de pintura "SOÑOS", de José Moleiro

Eventos
06/04/2014
06/04/2014
04/06/2014

Inauguración da exposición de pintura "SOÑOS", de José Moleiro

-

Baixo o título "Soños", unha colección de lenzos trasládanos ao subconsciente de Moleiro e sen ningún tipo de regra nin corsé, o artista galego plasma no cadro aquilo que de maneira espontánea vai xurdindo na súa mente. Esta exposición, onde a color impacta no espectador desde o primeiro momento, poderá visitarse ata o 27 de xuño en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

JOSÉ MOLEIRO nace en Boedes, un pequeno pobo da Galicia interior pertencente ao Concello de Carballiño (Ourense), en 1953. A influencia que o seu mestre rural exerceu no gusto polo debuxo realista e cartográfico pode apreciarse nos cadernos de ciencias naturais e xeografía. Neles a precisión do debuxo formal e a estruturación sinóptica dos mapas e bosquexos xeográficos denota claramente a inclinación do mozo Moleiro ao mundo artístico.

Outra experiencia vital que marcou a súa obra e o seu reencontro coa pintura foi a súa estancia en terras do Morrazo, entre as rías de Vigo e Pontevedra, onde compaxinou, entre 1974 e 1983, o seu traballo de carteiro cunha relación profunda de amizade cos círculos culturais da Galicia mariñeira, sendo frecuentes os faladoiros nos que participaban o pintor Camilo Camaño, o escritor Bernardino Graña, o erudito José María  Castroviejo ou Vázquez Pintor. Desde este momento, comeza unha etapa que definirá o seu repertorio formal característico, influenciado pola súa conexión coa cultura galega e co coñecemento das escuelas pictóricas xurdidas a partir do impresionismo, conxugado todo el co estudo detido das formas naturais que ofrecen as paisaxes cromáticas do interior e as formas onduladas da Galicia mariñeira.

Moleiro tocou todas as técnicas e aínda conserva debuxos do seu tempo de estudante. Paisaxes, praias ou bosques galegos foron por moito tempo a súa fonte de inspiración

04 Junio 2014
Eventos
Imaxes