Inauguración da exposición de pintura "Visións dun realismo cotián", de RAMIRO CIMADEVILA.

Eventos
09/10/2012
09/10/2012
10/09/2012

Inauguración da exposición de pintura "Visións dun realismo cotián", de RAMIRO CIMADEVILA.

-

A pintura de Ramiro Cimadevila é unha forma de interpretar a paisaxe e a realidade que o rodea; unha visión dunha terra e dun tempo, sempre colorista, que fractura liñas e corpos xeométricos para poñelos a disposición da imaxinación infinita dun público observador. A exposición poderá visitarse ata o 30 de setembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

A Casa de Galicia pon a disposición deste recoñecido pintor estradense dúas salas. Nunha exporá composicións de naturezas mortas contemporáneas e na segunda sala, chamada sala L, exporá pinturas de paisaxes galegos, sobre todo do Caurel, que ocupou durante varios anos a maior parte da obra de Cimadevila.

A técnica empregada é óleos sobre tela con aplicacións de madeira a modo de colaxes e aceiro inoxidable en moitos cadros, ademais de acuarelas, nalguns casos con tratamento de óleo e grafito que se poderían calificar como técnicas mixtas sobre papel.

A temática desta exposición en gran parte é una reflexión sobre os tempos nos que estamos vivindo, con alusións á igualdade, á guerra, ao consumismo e ao deporte, ás veces cunha certa carga crítica. Varios cadros están inspirados en Cuba, nunha viaxe do pintor á Habana.

O estilo da obra é realismo con tratamentos mixtos sobre fondos manchados un tanto abstractos, últimamente con frases ou palabras rotuladas sobre o cadro, coa idea de reforzar o que pretende transmitir ao espectador.

Parte desta exposición recolle unha visión profudamente sentimental das fermosas paisaxes desta terra, deixando plasmada a profunda atracción que desde anos o pintor sente por ela.

Ramiro Cimadevila Cea (A Estrada, 1957). Pintor autodidacta de vocación temperá, comeza dende moi novo a pintar os primeiros cadros. Nos anos 1978/79 en Barcelona, acode a cursos de pintura e tratamento da color, e máis tarde en Santiago de Compostela. Toda a súa vida está relacionada cos pinceis, traballa como muralista e no mundo da decoración.

Realiza cursos de gravado con Carlos Gonsalves, profesor en Madrid e Yuli Andrea Cadavid (Universidade de Antioquía, Medellín-Colombia).

A súa obra está presente ao longo de todo o territorio galego e en coleccións fóra de Galicia.

10 Septiembre 2012
Eventos