Inauguración da "Exposición e talleres de creación de palilleiras e patchwork" do Centro Galego de Móstoles.

Eventos
10/03/2012
10/03/2012
03/10/2012

Inauguración da "Exposición e talleres de creación de palilleiras e patchwork" do Centro Galego de Móstoles.

-

Con esta mostra, o Centro Galego de Móstoles dará a coñecer as técnicas de encaixe por fío e confección de artigos decorativos de distintas teas. A esposición poderá visitiarse ata o 14 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas. Horario de talleres: xoves e venres, días 4, 5 e 11, de 16 a 20 horas; venres, día 12, de 10 a 14 horas.

Co obxectivo de manter, promocionar e difundir a técnica do encaixe de bolillos de orixe Camariñas, o Centro Galego de Móstoles presenta na Casa de Galicia en Madrid unha exposición composta por un total de 83 traballos entre os que destacan unha magnífica colección de abanicos, chales, panos da man, fulares, panos de mesa, ligas de noiva, bolsos, manteis, etc. Polo seu valor económico, destacan un chal de seda e un calendario de advento.

No transcurso da exposición, poderán observarse talleres in situ, existindo a posiblidade de transmitir os seu coñecementos o grupo de Palilleiras e Patchwork do Centro Galego de Móstoles a todo aquel que estea interesado na materia.

Dende o ano 2005 celébranse en Móstoles encontros de bolillos con gran éxito de participación e asistencia de pesoas de toda España, así como numerosos encontros realizados noutros lugares da xeografía nacional.

03 Octubre 2012
Eventos
Imaxes