Inauguración da exposición "MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ. EMIGRANTE GALEGO. POETA OBREIRO", producida por GaliciaDigital

Eventos
03/04/2015
03/04/2015
04/03/2015

Inauguración da exposición "MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ. EMIGRANTE GALEGO. POETA OBREIRO", producida por GaliciaDigital

-

A mostra está composta de varios paneis que recollen diversos aspectos da vida e obra do escritor de Paradela, que escribiu a maior parte da súa obra en Cataluña e está considerado o poeta obreiro do século XX en Galicia. Esta exposición poderá visitarse ata o 11 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

A exposición forma parte do proxecto Manuel Rodríguez López que Galicia Digital e a familia do escritor emprenderon en 2012 con apoio institucional dos Concellos de Paradela e Lugo, a Deputación de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Manuel Rodríguez López foi un emigrante galego que con tan só seis anos emigrou a Barcelona onde viviu a maior parte da súa vida.

Durante os longos anos de migración en terras catalás, non perdeu nunca a súa identidade galego. Isto quedou reflectido na súa produción literaria que inclúe poesía, prosa e tradución. A aportación deste intelectual lugués en relación aos galegos na diáspora catalá  foi fundamental durante os anos da transición. Como Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona e como correspondente en Barcelona de diversos xornais galegos, plasmou en gran cantidade de artigos os actos culturais e sociais dos emigrantes galegos e colaborou decisivamente en unir a cultura galega e a catalá.

Esta é unha mostra itinerante que xa pasou por concellos das catro provincias galegas, entre os que se inclúen Paradela, Lugo, Begonte, Sarria, Portomarín, Santiago, así como en Cataluña.

04 Marzo 2015
Eventos
Imaxes