Mesa Redonda "AMÉRICA COMO MERCADO", organizada pola Asociación de Becarios da Fundación Barrié
Durante esta xornada, destacados empresarios galegos con intereses no continente americano compartirán as súas experiencias de negocio ao otro lado do Atlántico.
A Asociación de Becarios da Fundación Barrié, que conta con case un milleiro de membros de todas as convocatorias de bolsas da Fundación, desexa a través esta mesa redonda tender pontes entre os seus bolseiros e a rede de profesionais galegos en Madrid.
"América como mercado" é o título desta Mesa Redonda que pretende poñer en valor a Galicia Exterior de América, un continente co que Galicia mantén importantes lazos a través dos fluxos migratorios pasados e presentes.
O acto contará coa participación de importantes empresarios galegos con intereses no continente americano, así como coa presenza de representantes institucionais: Víctor Fernández Freixanes, director de Editorial Galaxia e do seu selo Mar Maior, específico para América Latina; Enrique Orge Míguez, director xeral do grupo conserveiro Calvo; e Abel Veiga Copo, director da área de internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Actuará como moderador Carlos Lema Devesa, presidente da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid.
O encontro poderá seguirse por Twitter mediante o "hashtag" #Americabarrie.