Mesa Redonda "ARBITRAXE E COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL", organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), en colaboración coa Corte Española de Arbitraxe

Eventos
03/05/2015
03/05/2015
05/03/2015

Mesa Redonda "ARBITRAXE E COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL", organizado pola Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), en colaboración coa Corte Española de Arbitraxe

-

A xornada proporcionará aos asistentes unha visión experta acerca da arbitraxe comercial e as vantaxes competitivas que pode supor este procedemento de resolución de controversias.

O acto será presidido polo delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, D. José Ramón Ónega, que estará acompañado polo presidente da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), D. Julio Lage.

Da man de expertos na materia, trataranse asuntos esenciais para a práctica arbitral, como a selección de árbitros, criterios sobre independencia e imparcialidade aplicables, o papel dos avogados de empresa, a execución do laudo ou a súa revisión polos Tribunais.

Na Mesa Redonda intervirán:

-  D. Manuel Conthe, Árbitro internacional. Of-Counsel Bird&Bird Madrid.

-  D. Antonio Hérnández Mancha, Socio MGM Mancha-Asesores.

-  D. Antonio Hierro, Socio Cuatrecasas, Gonçalves Pereira Madrid.

-  D. Jesús Mª Santos, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Sala do Civil e Penal.

-  D. Juan Carbajal, Socio Carbajal Abogados & Asesores Madrid.

-  D. Pablo Poza, Secretario Xeral da Corte Española de Arbitraxe.

05 Marzo 2015
Eventos