Mesa Redonda "ARQUITECTO DANIEL VÁZQUEZ GULÍAS MARTÍNEZ"

Eventos
09/28/2017
09/28/2017
28/09/2017

Mesa Redonda "ARQUITECTO DANIEL VÁZQUEZ GULÍAS MARTÍNEZ"

-

No acto intervirán D. Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia; D. Jesús Ángel Sánchez García, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela; e Dª Lucila Vázquez-Gulías Vázquez, presidente do Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías M.

Nesta Mesa Redonda falarase en profundidade da figura e obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías, referencia para Ourense e Galicia, tanto dentro como fóra da comunidade. Formará parte deste coloquio o relatorio do catedrático de Historia da Arte, Jesús Ángel Sánchez García, que terá como título: "Percorrido polo eclecticismo amable na arquitectura de Daniel Vázquez Gulías".

Tamén se dará a coñecer nesta charla o Centro Cultural Daniel Vázquez Gulías Martínez, que pretende recuperar o conxunto do legado do arquitecto: unha institución de carácter cultural e sen ánimo de lucro que terá entre os seus obxectivos a promoción e a difusión da súa obra en todo o Estado e no estranxeiro, tanto arquitectónica como documental, a defensa activa para a protección da obra do arquitecto e a doutros profesionais ourensáns relevantes, e a posta en marcha de traballos de investigación, estudo e catalogación da súa obra, entre outras actuacións.    

28 Septiembre 2017
Eventos
Imaxes