Presentación da colección editorial "LA GRAN OBRA DE LOS CAMINOS DE SANTIAGO", publicada por Hércules de Ediciones
Esta colección, conformada por quince volumes, nace co fin de analizar e amosar as rutas xacobeas, recollendo as tradicións, historia e valores que por elas se propagan desde hai séculos.
O acto será presidido por D. Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.
A empresa editorial Hércules de Ediciones presenta un ambicioso proxecto editorial coordinado por Segundo Vázquez Portomeñe, e contou coa colaboración da Xunta de Galicia.
Os quince volumes desta colección teñen unha vocación enciclopédica e representan un destacado esforzo editorial realizado para compilar os datos esenciais dos Camiños de Santiago. Ilustrada con imaxes e conformada por textos rigorosos ensaiados por moitos dos principais especialistas no tema xacobeo e das peregrinacións a Compostela, esta obra é importante tanto polo caudal de información como polo feito de que esa información favorece a difusión e posta en valor do patrimonio cultural galego.