Presentación da empresa CCAMINA coa conferencia "A relatividade do imposible. Coaching no Camiño de Santiago", por Mariela Villar Romarís, socia Directora de CCAMINA
CCAMINA combina o legado histórico do Camiño de Santiago coa evolución das persoas, o desenvolvemento de valores humanos e a innovación propia do século XXI, elementos necesarios para abordar os retos de gran complexidade que afronta a nosa sociedade para crear un futuro máis sostenible.
CCAMINA crea a sinerxia máxica e fascinante entre estes dous focos tan distantes e tan cercanos, o coaching e o Camiño de Santiago, creando as viaxes de sabiduría que os seus ccamiñantes lembrarán toda a vida. Ofrece o Camiño de Santiago nun formato innovador, adaptado ao século XXI, e profesionaliza o crecemento que se produce na viaxe, potenciando e amplificando exponencialmente o desenvolvemento que no seu transcurso se produce.
CCAMINA ten como obxectivos: difundir a Cidade da Cultura de Galicia e o Centro de Emprendemento Creativo de Galicia, difundir o Camiño de Santiago como viaxe de crecemento e desenvolvemento, resaltar a importancia da innovación, e darse a coñecer como empresa dedicada ao desenvolvemento de persoas a través do coaching e especializada en viaxes no Camiño de Santiago.
O Proxecto CCAMINA é unha iniciativa empresarial que está apoiada pola Xunta de Galicia a través de AGADIC, o Concello de Santiago de Compostela, a Fundación Instituto de Investigación para la Innovación (INNAXIS) e a Fundación Deportiva da Universidade de Santiago.
Intervirán no acto de presentación: Nava Castro, directora xeral de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia; Mariela Villar, CEO e fundadora de CCAMINA; Carlos Álvarez, presidenta da Fundación Innaxis; e Alfonso López-Boado, ENDESA-RR.HH. Galicia. Participante da Ccaminata.