30/01/2013
Presentación da Guía "El pausado Camino Inglés. The slow English Way"
-
Trátase dunha edición bilingüe sobre unha das rutas xacobeas máis atractivas e menos coñecidas.
Neste acto intervirán o presidente de Hospedaje da Asociación Hostelería Compostela, José Manuel Otero; e o coordinador da guía, Aser Álvarez.
O Camiño Inglés é o máis descoñecido de todos os camiños que levan á cidade de Santiago. É o itinerario menos frecuentado e unha das poucas rutas xacobeas aínda por descubrir, debido a un olvido secular que fixo deste itinerario a alternativa ideal para os que buscan unha experiencia auténtica á marxe de masificacións e carreiras para chegar ata o seguinte albergue. Menos do 2% dos peregrinos que chegan a Compostela escollen esta ruta milenaria e dual, marítima e terrestre, rural e urbana.
30 Enero 2013
Eventos