Presentación da novela, editada pola Deputación Provincial da Coruña, "MARÍA BALTEIRA. A soldadeira máis fermosa da Corte do Rei Sabio" (texto en castelán), de Manuel Romay López

Eventos
06/09/2014
06/09/2014
09/06/2014

Presentación da novela, editada pola Deputación Provincial da Coruña, "MARÍA BALTEIRA. A soldadeira máis fermosa da Corte do Rei Sabio" (texto en castelán), de Manuel Romay López

-

É unha biografía novelada de María Balteira, ilustre xoglaresa betanceira que adquiriu fama e notoriedade na Corte máis culta de Europa.  No acto de presentación intervirá, ademais do autor, a xornalista e escritora lucense Marta Rivera de la Cruz.

O autor trata de reconstruír a vida da protagonista a través das cantigas de escarnio coas que os seus despeitados amantes a obsequian, pero non quedarán á marxe as ambicións políticas e territoriais de reis, nobres e clero, así como as cambiantes alianzas que para satisfacelas, uns e outros promoven, e nas que ela sen pretendelo se ve involucrada.

María Balteira era unha xoglaresa dunha aldea de Betanzos, un personaxe rodeado de lenda sobre o que non había nada escrito, e que o autor novelou a biografía a partir das cantigas de escarnio nas que se menciona. Esta figura encarna no século XIII os valores da xuventude progresista de hoxe en día: viaxeira, independente, liberada de prexuízos, como corresponde aos xoglares que tiñan unha moral especial. Era promiscua e considerábase libre para facer da súa vida o que quería.

A novela recrea con éxito a sociedade do século XIII e fala da preeminencia da lírica galaica entre todas as linguas romances, tratando moi ben o contexto histórico no que viviu esta heroína a quen tamén fai xogar importante papel como moeda de cambio na loita polo poder en Galicia.

Trátase dunha novela que é froito dun labor de investigación, fabulación e axilidade narrativa por parte do seu autor. Unha homenaxe a tantos xoglares e trobadores de Galicia que coa súa arte o difundiron fóra dos límites xeográficos que nos son propios.

09 Junio 2014
Eventos
Imaxes