Presentación da novela "El émulo de Reginald Perrin", de Marcelino Fernández Mallo, publicada pola Editorial Dauro
Trátase da segunda novela en castelán do escritor e economista Marcelino F. Mallo, que está narrada a modo de diario. A súa historia describe o ascenso e caída de Camilo, un home aparentemente invulnerable a través do cal o autor trata os múltiples temas que rodean ao poder.
Acompañarán ao autor, François Pérez Ayrault, coach e escritor; José Miguel Montalbán, director do departamento de Xestión editorial; e Carmen Mejía Ruiz, profesora titular de Filoloxía Románica da Universidade Complutense.
Camilo López, influente industrial feito a si mesmo, parece sufrir unha doenza mental. O médico recoméndalle como terapia trasladar as súas experiencias a un caderno. O texto, que se desenvolve nun aparente caos, non é tan veraz como o empresario pretende mostrar porque, aos poucos, a enfermidade de Camilo provoca que a narración se volva cada vez máis difícil de seguir. A continuación do diario pola súa irmá Inés nos descrubrirá a realidade xenuína á vez que desvela os episodios desvirtuados e os segredos que Camilo tratou de ocultar.
Marcelino F. Mallo, escritor coruñés cunha ampla traxectoria empresarial, inicia a súa carreira literaria cos relatos contidos en Cabilia. Tamén en lingua galega publica tres novelas: A trenza, Klásicos e Pallarega. En 2015 decidiu escribir, xa en castelán, El Danubio no pasa por Buenos Aires, que foi cualificada pola crítica de " tan amena como inquietante e tan liviá como culta..."