Presentación da novela "El estornudo de la mariposa. Los Garbo contra Hitler", de José de Cora, editada por Edhasa
Cunha pluma fina e un gran sentido do humor, o lucense José de Cora relátanos nesta novala a historia descoñecida do espía español Joan Pujol e a súa muller Araceli, coñecidos como os Garbo, que lograron enganar ao réxime nazi e axudar ao éxito da victoria aliada.
Acompañarán a José de Cora na presentación da novela, José Manuel Romero, Conde de Fontao e Daniel Fernández, editor e presidente de Edhasa
En 1938 Hitler é xa a maior ameaza para a paz mundial. O réxime nazi preséntase ante todos os países como indestructible.
A Historia confirmará que non é así, en parte grazas a Juan Pujol, máis coñecido polo seu nome en clave: Garbo. Ademais de conviccións, a Garbo sóbranlle outras virtudes como un talento especial para o engano, arroxo, imaxinación desbordante e encanto persoal. En 1940 toma a súa decisión máis transcendental: combater o nazismo ata derrubalo desde a retagarda e as propias filas alemás. Pero non o fará só. Araceli González, unha fermosa moza de boa familia e carácter forte, convértese ao mesmo tempo na súa muller e no seu principal apoio. Parece unha empresa desatinada, incrible fóra de toda lóxica. Pero non o foi. Grazas a Araceli, Garbo, será coñecido como o espía que enganou a Hitler. Espía ao servizo de intelixencia británico, obtivo a confianza do Führer, ao que acabaron convencendo de que o desembarco de Normandía levaría a cabo máis tarde e noutro lugar, faciitando o comezo do fin do Reich.
JOSÉ DE CORA PARADELA. Escritor e xornalista, naceu en Lugo en 1951. Desenvolveu o seu traballo en todos os medios de comunicación: axencias de noticias, xornais, revistas, radio, cinema e televisión. A súa actividade como humorista en prensa mereceu La Codorniz de Plata no ano 2000. Desde 1976 escribiu multitude de ensaios, tanto en castelán como en galego, principalmente históricos, como Ideologías para un rey (Aguaribay) ou Manual del perfecto político (Espasa Calpe).
Como cineasta, escribe os guións, dirixe e produce multitude de series e documentais. Tamén cultiva a narrativa, con obras como Secuestro y fonda de Cela en Contamina (Tris-Tram), La verdadera historia del último inquisidor y el maravilloso Oráculo de la Vida (Edaf) ou Pecados Manuais (Xerais). A súa máis recente novela é La navaja inglesa (Tropo Editores, 2014).