Presentación da novela "La venganza del difunto", de Carlos G. Reigosa, publicada pola editorial Harper Collins Ibérica
Carlos G. Reigosa mostra unha vez máis a súa mestría no manexo do xénero: enredo, maquinación e un ritmo vivo e áxil que envolve ao lector nunha intriga inusual desde as primeiras páxinas, ata chegar a un desenlace dificilmente presentido.
Acompañarán ao autor na presentación, Alfonso S. Palomares, escritor e periodista; Domingo Villar, escritor; e Ángel Basanta, presidente da Asociación Española de Críticos Literarios.
Un estremecedor suceso ocorrido durante a II Guerra Mundial en Vigo cidade entón atestada de espías nazis e aliados- ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser víctima dunha venganza e contrata ao detective Nivardo Castro, que actúa, como noutras ocasións, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
A novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional que comeza en Galicia co tráfico de wolframio e o abastecemento de submarinos alemanes- co porto de Vigo convertido nunha vía de fuga, primeiro de xudeus e despois de nazis- e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica.
La venganza del difunto, quinta entrega da serie de novelas protagonizadas polo detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do maior drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.
CARLOS G. REIGOSA (A Pastoriza, Lugo, 1948) é licenciado en Ciencias Políticas e en Ciencias da Información. Desenvolveu a súa carreira xornalística na Axencia EFE, na que foi director de Información (1990-97) e de Publicacións, Análises e Estilo (1997-2004). EFE recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (1995). A título persoal, Reigosa obtivo os premios xornalísticos Fernández-Latorre e Fernández del Riego. Como novelista, gañou os premios Xerais, Rodolfo Walsh, Benito Soto, Torrente Ballester e Juan de San Clemente.
É autor dunha dilatada obra literaria que inclúe unha serie de novela negra protagonizada polo detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde.
Entre as súas creacións narrativas destacan "Oxford, amén" (1982), "Los otros disparos de Billy" (1986), "Hemano Rey Arturo" (1987), "La agonía del león" (1995), "Intramundi" (2002) e "Pepa La Loba" (2006). Así mesmo, é autor de varios libros sobre xornalismo e literatura e dirixiu cursos en universidades españolas e americanas.