Presentación da novela "LOS AMIGOS LEJANOS", de Otilia Seijas G., publicada por Hércules de Ediciones

Eventos
11/19/2014
11/19/2014
19/11/2014

Presentación da novela "LOS AMIGOS LEJANOS", de Otilia Seijas G., publicada por Hércules de Ediciones

-

A autora, continuando coa liña narrativa que caracteriza a súa literatura, presenta unha novela realista que, cunha prosa sinxela e fluída, se desenvolve en ambientes recoñecibles da Galicia da posguerra dos anos 50, onde ocupan un lugar fundamental as relacións humanas, necesarias para a autoestima, a evolución e a subsistencia.

“Los amigos lejanos” é unha novela que se inspira na vida de barrio dunha cidade calquera de Galicia de hai medio século, onde se mesturaba xentes de humildes oficios con outras de máis nivel, pero todas elas exhibían condutas curiosas e manías graciosas. É unha novela realista en canto describe a realidade, pero é sobre todo unha novela costumista en canto relata a vida diaria dun barrio entrañable que toma como escenario.

MARÍA OTILIA SEIJAS GARCÍA (Lugo, 1938) é diplomada en Ciencias da Educación e especialista en Preescolar e Filoloxía Francesa. Exerceu como mestra en aldeas de Lugo onde desenvolveu unha clara sensibilidade e capacidade de percepción que a converteu, tras deixar a docencia, nunha prosista de linguaxe sinxela e penetrante.

Destaca a súa actividade como columnista en El Correo Gallego e colabora de forma esporádica en El Progreso e La Voz de Galicia.

É autora de novelas Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1994), Égida (1994), Ninguén suspira por ela (1997), Esto era no era (1999), Escoitar o silencio (2003), e Cuantos de pocas lunas (2010).

19 Noviembre 2014
Eventos
Imaxes