Presentación da novela "Los hijos de la Revolución Francesa", de MANUEL JANEIRO, editada por elcercano.com
Unha novela de prosa vivaz, de capítulos breves que son resplandores, de crítica social e de amizade, unha novela xeracional que vale para todas as xeracións.
No acto de presentación intervirán, ademais do autor, o editor Moncho Conde-Corbal e os escritores Ángel Lozano e Miguel Ángel Mendo.
Atrás quedan as intensidades da xuventude, rememoradas na narración como iluminacións do pasado. Un pasado que áinda presta a súa calor e a súa forza ao presente inmóbil desde o que se analiza o amor, o desexo, o sexo, a estrutura política e as encrucilladas do ser humano ante a existencia.
Manuel Janeiro (Madrid, 1951) é licenciado en Psicoloxía, premio extraordinario fin de carreira. Unha longa vida como educador non lle impediu dedicarse a variados campos de creación. Como poeta publicou Primera edad (Castrelos, 1977), Poemas sobreros (Sueltos de Poesía, 1989) e Ensayos para a fala (Cíes, 2009); como narrador, Pepito el habitador de los tejados (Kalandraka, 2006) Lista de Honra do IBBY-, A fada das lapas (Galaxia, 2008), A abella abesullona, (Galaxia, 2009) e O sexo masculino dos anxos (Galaxia, 2013). No campo do audiovisual e do deseño gráfico foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia (1978-2013) e Gredos (1990-2006) e realizou, a partir dos seus propios guions, os documentos Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004) para a serie A idea construída sobre arquitectos galegos.