Presentación da novela "LOS SILENCIOS DE MARTINA", de Eugenio Feijoo, publicada por Finis Terrae Ediciones

Eventos
01/20/2014
01/20/2014
20/01/2014

Presentación da novela "LOS SILENCIOS DE MARTINA", de Eugenio Feijoo, publicada por Finis Terrae Ediciones

-

O autor madrileño presenta a súa segunda novela, unha historia de amor e celos. Os protagonistas son unha parella madura que se coñece antes dos vinte anos e que volve a reencontrarse pasados os cincuenta. Gran parte da acción transcorre en Galicia, na Ribeira Sacra.

No acto de presentación da novela intervirán, ademais do autor, Renato Landeira, xornalista e avogado. 

A novela que presenta comeza coa morte de Martina. Con ela fóronse os silencios compartidos, os momentos de complicidade, os seus misterios, as súas virtudes e os seus medos. Tralas estrañas circunstancias da súa partida, deixa entre sombras e recordos a catro homes que marcaron a súa existencia e a súa vida sentimental. Un deles, Luís, será o encargado de mostrarnos o rumbo polo que discorre o amor e a felicidade, así como as inseguridades e os celos.

EUGENIO FEIJOO ALONSO, xornalista nacido en Madrid, aínda que a maior parte da súa nenez transcorreu en Abeleda (Ourense), foi redactor e colaborador en varios medios como Diario SP e La Voz del Trabajo, director da axencia informativa Hispania Press e logo fundador e director da axencia Saphan Press. A través desas axencias publicou os seus traballos en gran parte da prensa española, especialmente no diario La Gaceta del Norte, de Bilbao.

Colaborou en numerosas revistas, como Fomento Social e Blanco y Negro. Foi director de varias publicacións profesionais e director da editorial General de Ediciones Especializadas entre 1990 e 2006. En 2004 lanzou  a publicación galega Revista da Ribeira Sacra

Debutou na narrativa con "Un ruiseñor en la abadía"  e ten preparadas para publicar "Casa de Vecinos", "Halcones y Palomas" e "El santero que engañó a Napoleón".

20 Enero 2014
Eventos
Imaxes