Presentación da novela "ORILLAS DE ÉBANO. EL SWING DEL DESTINO", de Aida Soilán Enríquez, publicada pola editorial La Plana

Eventos
06/08/2017
06/08/2017
08/06/2017

Presentación da novela "ORILLAS DE ÉBANO. EL SWING DEL DESTINO", de Aida Soilán Enríquez, publicada pola editorial La Plana

-

A xornalista lucense, Aida Soilán, presenta o seu primeiro libro co que viaxa a Nova Orleans tras o paso do furacán "Katrina". A protagonista, Morgana, é unha xornalista da cidade estadounidense que busca enfrontarse á súa propia historia. Por mor da súa viaxe, a novela adéntrase no mundo da escravitude e do esoterismo.

Acompañarán á autora no acto de presentación: Nieves Herrero, xornalista, escritora, profesora e avogada; e Wenceslao Castañares Burcio, doutor en Filosofía e profesor da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.

Cando unha xornalista de Nova Orleans proponse enfrontarse á peor das historias, a súa propia, empeza a saber como reconectar coa súa esencia, redescubrindo o seu papel como muller. Tenta con todas as súas forzas conectar coa súa pel de ébano, como a do seu avó Simón que, cando lle dicía agarrando os seus tirantes cunhas erosionadas mans: Corazón, as casualidades non existen? sería para ela moito máis que unha frase.

Desde o diamante ao final do Mississippi, desde a máis sensual dos Estados Unidos ata a profunda Etiopía, Morgana é capaz de quitarlles o anteface a verdadeiros bruxos do poder. Tentará recuperar a unha sacerdotisa, a unha princesa de ébano, a ela mesma, que busca a maneira de reunirse cun pai do que só ten un cristal de cuarzo rosa por cada un dos seus trinta aniversarios. Unha capacidade de asombro a proba de bomba, e un home do que se namora, faranlle descubrir a elegancia que outorga o amor por encima do propio amor.

Aida Soilán é licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, MBA en Dirección Empresarial (Universidade de Nebrija) e Grao Superior de Presentadores TV na Escola Jesús Hermida (Tracor).

Experiencia como xornalista en análise política económica, cultural, deportiva, información xeral en prensa, radio e TV. Gabinete de prensa, community manager, xestión de blogues, redes sociais e organización de eventos.

 

08 Junio 2017
Eventos