Presentación da novela "Volveré a buscarte", da xornalista PILAR CERNUDA, editada por La Esfera de los Libros
Tras escribir máis de vinte libros de actualidade política, con esta novela Pilar Cernuda afronta o desafío que se marcou de escribir unha novela, a primeira. Transcorre nunha aldea do Salnés, un lugar infestado de historias e sentimentos que teñen moito que ver co propio carácter e personalidade da autora.
Pilar Cernuda fálanos do amor e o esquecemento, da distancia e o compromiso. De mulleres fortes que saben que a súa familia depende delas, de sentimentos e esperanza. A novela ten, pois, a melancolía da terras galegas e o refinado glamour do Bos Aires dos anos cincuenta.
Acompañarán á autora no acto de presentación os xornalistas Fernando Ónega e Carlos Alsina; así como a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor.
"Volveré a buscarte" conta a historia dunha saga galega, unha homenaxe aos que non se conformaron e cruzaron o mar para atrapar un soño.
A novela transcorre nos anos cincuenta, Antonio Padín abandona Galicia rumbo a Arxentina en busca dunha vida mellor para a súa familia. Corenta anos antes xa o fixo o seu avó Manuel, que nunca regresou, pero el promételle a Maruxa: "Volverei buscarche".
O que non sabe é que esa aventura descubriralle, entre outras cousas, a verdadeira historia do seu avó, un mundo de salóns elegantes e un amor apaixonado que lle fará reformularse a promesa e obrigaralle a elixir entre o deber ou a paixón.
Pilar Cernuda naceu en Galicia, creceu en Galicia e sente galega de Santiago, de Vigo, e sobre todo, do val do Salnés, de onde é oriúnda a súa familia materna. Xornalista, desde hai anos dedicouse á información e a análise política en diversos medios escritos, radio e televisión. Actualmente colabora no programa Espejo Público de Antena3 e en Onda Cero, e publica as súas columnas nunha trintena de xornais.