Presentación da "Paixón por Santiago de Compostela. Semana Santa na Cidade Patrimonio da Humanidade e Meta do Camiño", organizada por Turismo de Santiago-INCOLSA e as Confrarías da Semana Santa da cidade
A Semana Santa en Santiago de Compostela é un momento único e imprescindible para acercarse á cidade e gozar de máis dunha semana de actos que comprenden procesións dun gran atractivo turístico e cultural de orixe medieval, actos litúrxicos e concertos de música sacra e antiga.
A primavera entra en Santiago de Compostela acompañada polas impresionantes procesións de Semana Santa. Os magníficos escenarios arquitectónicos da cidade histórica outorgan á conmemoración da Paixón de Cristo un esplendor único e unha solemnidade particular, que a distingue sen dúbida da doutras localidades de España.
Trece irmandades compostelás percorren a cidade histórica, acompañadas polo son ferinte das cornetas e polo ritmo grave dos tambores, cuxo eco replican as rúas de pedra. Os ollos álzanse cara aos picudos capirotes, e cara ás cruces procesionais e os pasos, que case chegan a rozar balcóns e gárgolas, mentres as procesións avanzan cortando a néboa na noite.
A Semana Santa compostelá conta ademais co Festival de Músicas Contemplativas, un programa internacional de concertos que tomas as principais igrexas monumentais da cidade para ofrecer un enriquecedor percorrido pola música sacra e espiritual do mundo.
Mentres, nos restaurantes e bares de tapas prepáranse os seus deliciosos menús coaresmais a prezos moi especiais. E é tamén o tempo de penetrar na intimidade das igrexas e conventos ou de facer visitas guiadas e excursións dun día.
É imprescindible non perderse: as dezaséis procesións arredor da zona vella desta cidade Patrimonio da Humanidade. As imaxes barrocas e neoclásicas levadas polas Confrarías cos seus traxes tradicionais. As vixilias na Catedral Románica presididas polo Arcebispo. O solemne son da Carraca da Catedral en Xoves e Venres Santo. O Festival de Músicas Contemplativas: Concertos de Música Sacra nas máis impresionantes igrexas de Santiago de Compostela. A tradicional Cociña de Coresma nos mellores restaurantes da cidade. Visitas ás igrexas, visitas guiadas arredor da Catedral, visitas con audio guía MP3 e moito máis.
Para máis información consulta as páxinas seguintes: www.SemanaSantaSantiago.com e www.SantiagoTurismo.com.