Presentación da tempada de outono dos "TRENS TURÍSTICOS EN GALICIA"
O acto de presentación contará coa asistencia de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, quen dará a coñecer as tres novas rutas que circularán durante setembro e outubro: "Lugo Romano", "Ourense termal e de compras" e "Descubrindo A Coruña".
A directora de Turismo estará acompañada do presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Rosendo Fernández; e o xefe da área comercial e servizo de antención ao cliente de RENFE, Javier Díaz Trisac.
Os itinerarios outonais permitirán aos participantes achegarse a tres cidades: Lugo, Ourense e A Coruña, e gozar dos variados recursos cos que contan.Trátase de novos destinos e propostas co turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo como eixos.
Todas estas propostas conforman unha oferta turística de altísima calidade, tranquila e sustentable.