Presentación del libro "Vida de Concepción Arenal", de María Luisa Maillard

Eventos
02/07/2018
02/07/2018
07/02/2018

Presentación del libro "Vida de Concepción Arenal", de María Luisa Maillard

-

Este libro que conta a vida e obra de Concepción Arenal, pertence a unha colección de biografías que foi galardoada con Mención de Honra, na modalidade "Ciencia, Ingeniería y Valores. Premio Especial Implicación de la Mujer" na 11ª edición do Concurso Internacional Ciencia en Acción.

Intervirán no acto de presentación do libro, ademais da súa autora, Cristina Alberdi, escritora e ministra de Asuntos Sociais (1993-1996).

Haberá un diálogo dramatizado entre Concepción Arenal e Juana de Vega, artista invitada: Natalia Velasco.

Concepción Arenal (1820-1893), nacida en Ferrol, foi unha muller pioneira na súa vida e na súa obra. Na temperá data de 1830 defendeu o dereito para estudar, que se lles negaba ás mulleres da súa época, e asistiu, vestida de home, a varios cursos da Universidade de Dereito. Defendeu nos seus escritos o dereito das mulleres á educación e ao traballo digno, e nesa tarefa colaborou coa Institución Libre de Enseñanza, un dos principais motores do cambio de sensibilidade educativo en España, en cuxo Boletín escribiu de forma asidua. Ocupou cargos públicos como o de Visitadora de Prisións de Mulleres de Galicia e Inspectora de Casas de Corrección de Mulleres. Desde esas experiencias escribiu unha obra extensa, guiada polos problemas sociais e humanitarios que padecía a súa época, en especial, no seu lado máis fráxil, os pobres e menesterosos que acababan cos seus ósos nunhas prisións indignas da condición humana, entre os que as mulleres ocupaban o elo máis débil. Soubo ver con clarividencia os cambios necesarios nunha sociedade na que se estaba desmoronando a caridade antiga e aínda non existía nin unha conciencia nin unha lexislación adecuada para substituír o labor anterior a cargo das organizacións eclesiásticas.

Sen pelos na lingua, ela avogaba para que: "as prisións fosen auxiliares do dereito e non escarnio da xustiza", para que "as casas de tolos non fosen escándalo e dor dos que teñen corazón e conciencia", para que "a muller non atopase pechados todos os camiños cando quere traballar e para que o prezo do seu traballo fose equitativo, para que "se difundise a educación e tivesen escola moral e industrial os mozos da rúa e fosen homes honrados e non malfeitores co tempo".

Foi recoñecida en España, onde foi premiada en varias ocasións pola Academia de Ciencias Morales e fóra das nosas fronteiras. O seu libro El visitador del pobre foi traducido a varios idiomas e recibiu eloxios dos principais penalistas dos Congresos Penales de Londres, Roma San Petersburgo e Estocolmo, nos que participou cos seus traballos.

Algunhas das súas obras máis importantes: El visitador del pobre, Cartas a los delincuentes, La Beneficencia, la Filantropía y la Caridad, Estudios penales, La cuestión social e Derecho de gentes.

María Luisa Maillard, doutora en Filoloxía con Premio Extraordinario, foi catedrática do Instituto Beatriz Galindo de Madrid. Na actualidade é Presidenta da Asociación Matritense de Mujeres Universitarias que promove esta colección de biografías.

Estudiosa do pensamento de María Zambrano, publicou os libros María Zambrano: la literatura como conocimiento (1997), Estampas zambranianas (2004) e Vida de María Zambrano (2009); á parte de numerosos artigos en revistas especializadas e libros colectivos en España, Italia e México.

Desde o ano 2008 colabora na edición crítica das Obras Completas de María Zambrano, baixo a dirección de Jesús Moreno Sanz. Publicou tamén os libros Asociación Española de Mujeres Universitarias 1920- 1990 (1990), a novelas El cementerio francés (2004) e El color del mundo (2016), e as biografías Vida de Margarita Salas (2011), Vida de Soledad Ortega (2012), Jesús González de la Torre (2014) e Vida de María de Zayas (2015).

07 Febrero 2018
Eventos