Presentación do libro "2000 años del Balneario de Lugo: un modelo de activación del patrimonio termal", editado polo arquitecto J. Mario Crecente Maseda e a arqueóloga Silvia González Soutelo, baixo o patrocinio do Balneario de Lugo

Eventos
12/21/2016
12/21/2016
21/12/2016

Presentación do libro "2000 años del Balneario de Lugo: un modelo de activación del patrimonio termal", editado polo arquitecto J. Mario Crecente Maseda e a arqueóloga Silvia González Soutelo, baixo o patrocinio do Balneario de Lugo

-

Ao longo de setecentas páxinas, a publicación reúne todo o coñecemento que existe sobre o balneario lucense, á vez que presenta varias propostas de valorización deste. Os textos acompáñanse de fotografías antigas e material gráfico diverso.

Imprescindible confirmación (arqueologia@crecenteasociados.com).

Este libro repasa dous milenios de historia, patrimonio e termalismo na cidade da Muralla. A publicación pretende darlle valor ao patrimonio arqueolóxico do balneario como base do seu futuro recollendo achegas dunha trintena de médicos, hidrólogos, historiadores, arquitectos, arqueólogos e hidroxeólogos.

O Balneario de Lugo é o exemplo perfecto da importancia dada ás augas mineromedicinais desde a antigüidade ata os nosos días.

Durante 2000 anos fóronse sucedendo as diferentes construcións que á sombra da fundación e desenvolvemento da cidade de Lugo e o seu territorio, permitiron aproveitar e gozar dun recurso único de saúde e benestar.

Dado o interese e o enorme potencial que ten este enclave, practicamente descoñecido para o público en xeral, neste volume preséntase, a partir das colaboracións dun significativo número de especialistas, unha visión interdisciplinar das características e singularidades que rodean a este Balneario, desentrañando os múltiples avatares do devir histórico dun edificio con máis de dous milenios de historia.

É ese recurso cultural, natural e inmaterial que o fai único, sobre o que se considera debe crearse un modelo de activación do patrimonio termal que permita enfocar o futuro con novas perspectivas, facendo dos seus elementos singulares e da súa dilatada experiencia o alicerce que permita afrontar os desafíos do novo milenio, e sirva de exemplo para outros balnearios históricos.

21 Diciembre 2016
Eventos
Imaxes