Presentación do libro AMARRÉ LA DISTANCIA EN EL CORDÓN DE LOS ZAPATOS (edición bilingüe español-galego), de Rosa Mª Milleiro, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión

Eventos
10/26/2015
10/26/2015
26/10/2015

Presentación do libro AMARRÉ LA DISTANCIA EN EL CORDÓN DE LOS ZAPATOS (edición bilingüe español-galego), de Rosa Mª Milleiro, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión

-

No acto de presentación do libro intervirán, ademais da autora, Nona Inés Vilariño Salgado, profesora de Historia e exdeputada pola Coruña; Julia León Conde, cantante sefardí e prologuista do libro; Rafael Permuy López, xornalista e escritor; Rosalía Castiñeira Quintans, profesora e tradutora do libro e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión.

ROSA MARÍA MILLEIRO DOMÍNGUEZ naceu en Ferrol. É publicista e profesional da comunicación. Presenta e dirixe o programa de medicina preventiva "Salud y vida" desde 1994 en TVL. Obtivo o XVIII premio de poesía en galego da SAF (2009) e é autora de dous poemarios, o primeiro, editado por ela mesma: Conversando conmigo en noches de silencio (2008) presentado en Sargadelos de Ferrol e Paseo mis pies desnudos (2012), Editorial Vitrubio. Posteriormente, publicou nesta mesma editorial Acaricié el fresno (2013).

26 Octubre 2015
Eventos
Imaxes