Presentación do libro "ANÓNIMA SOCIEDAD", de Santiago Díaz-Pache Montenegro, publicado polo Grupo Editorial Sial-Pigmalión
Dende a intelixencia e dende o humor máis fresco, o narrador rise nestas páxinas de todo, do home e da muller, en todas as súas condicións e opción morais ou sexuais, do político e do probo funcionario, do comerciante ou do oficinista, dos seus vecinos e ata de si mesmo. Un libro no que o humor é o mellor antídoto contra os conflitos e contradiccións da sociedade actual.
Intervirán, ademais do autor, Juan Antonio Corbalán Alfocea, deportista de élite e cardiólogo; Enrique Fernández de Marambroz Bernabéu, arquitecto; Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Sial Pigmalión.
Este coruñés, nacido en Roma e pertencente a unha coñecida familia ferrolá de insignes mariños e ilustres diplomáticos, é un fino observador da sociedade actual que escudriña coa lente do mellor humorismo para ofrecernos unha visión cómica e divertida dos seus excesos e defectos máis notorios. A telelixo invádeo todo, coas súas murmuracións malévolas e a súa manipulación da realidade ou a inflación do sexo nos medios de comunicación; as malas prácticas dos políticos, con especial atención á amoralidade de moitos deles e á súa corrupción conxénita…
Xunto aos finais sorpresivos nos que culmina a hilaridade, o autor percorre a inxeniosos xogos de palabras para producir eficazmente o efecto humorístico.
Santiago Díaz-Pache publicou con anterioridade un libro "Cuánto Cuento". Colaborou en programas de radio e diarios dixitais con crónicas de actualidade e publicou artigos en prensa nacional.