Presentación do libro "COCINAR PARA 2. RECETAS IRRESISTIBLES", de Belén Otero Iglesias.

Eventos
02/07/2012
02/07/2012
07/02/2012

Presentación do libro "COCINAR PARA 2. RECETAS IRRESISTIBLES", de Belén Otero Iglesias.

-

O martes, 7 de febreiro, ás 20:00 horas, Belén Otero Lastres presenta o seu libro de receitas de cociña “Cocinar para 2. Recetas irresistibles”, publicado por Pigmalión Ediciones.

BELÉN OTERO IGLESIAS (A Coruña, 1978) cursou estudios de bacherelato en León e Madrid. É Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e, simultaneamente á carreira, realizou un Máster en Bolsa no I.E.B. (Instituto de Estudios Bursátiles) de 5 anos de duración.

Actualmente é Directora dunha sucursal dunha Entidade de Crédito de Madrid.

A raíz da súa afición pola cociña, empeza a editar en abril de 2010 o blog de receitas Cocinar para 2 e no primeiro aniversario recompila as 162 recetas publicadas nun libro autoeditado.

“Cocinar para 2. Recetas irresistibles” é o seu segundo libro de cociña, e con el iníciase a colección Pigmalión Al Dente.

Este libro está concebido de tal maneira que invita ao placer de gozar de dous momentos: o de cociñar, porque non se require demasiado tempo para preparar receitas que están axustadas a dous comensais; e o de saborear o guisado, porque os pratos que resultan son verdaderamente exquisitos.

No acto de presentación intervirán, ademais da autora do libro, Marta González Novo, periodista da Cadena SER, directora do programa Hoy por Hoy Madrid, e prologuista do libro; Sacha Hormaechea, gourmetista, fotógrafo, e autor do epílogo desta obra; Rosana Domínguez, blogger e directora de operacións en Cocina.es; Basilio Rodríguez Cañada, editor e escritor.

07 Febrero 2012
Eventos