Presentación do libro de poesía "Acaricié el fresno", de ROSA MARÍA MILLEIRO
Trala excelente acollida das súas anteriores publicacións, "Conversando conmigo en noches de silencio" e "Paseo mis pies desnudos", a escritora ferrolá presenta o seu novo poemario, publicado pola Editorial-Pigmalión.
Intervirán no acto, ademais da autora do libro: MIGUEL LOSADA, poeta e escritor; ANTONINO NIETO, poeta, escritor e artista; e, BASILIO RODRÍGUEZ CAÑADA, editor e escritor.
ROSA MARÍA MILLEIRO DOMÍNGUEZ naceu en Ferrol. É publicista e profesional da comunicación. Presenta e dirixe o programa de medicina preventiva "Salud y Vida" desde 1994 en TVL. Obtivo o XVIII premio de poesía en galego da SAF (2009) e é autora de dous poemarios; o primeiro, editado por ela mesma, "Conversando conmigo en noches de silencio" (2008) presentado en Sargadelos do Ferrol; e "Paseo mis pies desnudos" (2012), da Editorial Vitrubio.
Os versos de Rosa María caracterízanse pola súa musicalidade, están cheos de sonoridade. O seu ritmo é plenamente lírico, melódico, non incerto ou desestruturado.