Presentación do libro de poesía "NACER DEL FUEGO" de Pepa Nieto, publicado pola editorial Polibea

Eventos
01/18/2016
01/18/2016
18/01/2016

Presentación do libro de poesía "NACER DEL FUEGO" de Pepa Nieto, publicado pola editorial Polibea

-

O libro estrutúrase en dúas partes: a primeira, na que incorpora poemas inéditos; e a segunda, que recolle poemas eróticos de libros anteriormente publicados.

Acompañarán á autora, Ana Rossetti, escritora; José Montero Padilla, escritor; e o editor Juan José Martín.

Poeta, escritora, artista e investigadora. Naceu en Outes, A Coruña. Reside en Madrid desde hai varios anos. Centra os seus estudos no coñecemento das linguas inglesa e alemá, así como en literatura, cerámica  e escultura. 
 
Como escritora, recibiu diversas distincións, entre as que se atopan "Erótica de Nueva Paz" (Mención de Honra), Cuba, polo seu poema "Es casi al Alba", e o primeiro premio "La Flauta Mágica" (Madrid) por "Hay días en que se acerca una gaviota". Parte da súa obra foi traducida ao ruso e ao galego, e está publicada en varias antoloxías e en revistas literarias, tanto en España como noutros países.
 
Presidiu durante moitos anos a Asociación de Mujeres Gallegas en el Exterior «Rosalía de Castro», coordina o faladoiro «Arco Poético» na Biblioteca Pública Retiro de Madrid. Entre os seus libros publicados destacamos "Vencida por Setiembre", "Como Ceniza", "Antes y después, el mar", "La mano del ángel" e "Tiempo inhabitable". Obtivo entre outros, o Premio Internacional de Poesía Antonio Oliver Belmás, por "Como Ceniza", outorgado pola Universidade Popular de Cartaxena, e a consellería de Cultura da Comunidade de Murcia.
 
O estilo da súa poesía é intimista-amorosa, dentro dunha linguaxe coloquial é a vez solidario, con recursos metafóricos e unha abundante riqueza de imaxes.
18 Enero 2016
Eventos
Imaxes