Presentación do libro de poesía "Ronca el mar", de MARÍA CANOSA BLANCO, publicado por Pigmalión
María Canosa, un dos máis claros e firmes valores da literatura galega actual, presenta a súa última creación poética, "RONCA EL MAR", onde destaca a sonoridade dos seus versos, a unidade estilística e a capacidade para evocar mundos.
MARÍA CANOSA (Cee, 1978) estudou Enxeñería de Camiños, Canais e Portos pola Universidade de A Coruña, pero sempre estivo vinculada ás letras. Obtivo o título de Especialización en Idioma Galego na Escola Oficial de Idiomas. Actualmente traballa como Directora en Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Colabora como articulista en La Voz de Galicia e ocupa o posto de “experta” en letras no concurso Cifras e Letras da TVG desde setembro de 2011.
De entre a súa produción literaria infantil e xuvenil destaca: “Bramido maino” (1977), “A pedra de seixo” (1997), “Á espreita na penumbra” (1999), “Leo era un león” (2002), “Leite con cacao” (2007), “O papaventos de Laura” (2011), “O crebanoces” (2011), entre outros.
Recibiu varios premios literarios: Certame Literario Terra Chá da Asociación Cultural Xermolos en 1989 e 1992, Certame Francisco Fernández del Riego en 1993, ou o Premio Pura e Dora Vázquez en 2010. O último premio recibiuno pola versión en galego de “Ronca el mar”. Trátase da XV Edición do Premio Avelina Valladares de poesía convocado polo Concello da Estrada. O xurado destacou a sonoridade, cohesión interna, unidade estilística, capacidade para evocar mundos e pola simboloxía empregada pola autora.
Como as ondadas do mar, os versos de María Canosa abálanse sobre as páxinas deste libro. Un poemario moi coidado, no que destaca o amor cara ás palabras e o respecto pola lingua que sente a escritora.