Presentación do libro de relatos curtos "LA BEBIDA DE LAS AVISPAS", de María Jesús Domínguez, editado por La isla de Siltolá

Eventos
01/30/2014
01/30/2014
30/01/2014

Presentación do libro de relatos curtos "LA BEBIDA DE LAS AVISPAS", de María Jesús Domínguez, editado por La isla de Siltolá

-

Libro de relatos breves, escrito desde a experiencia dunha longa estancia no Marrocos español. Son textos subxectivos da autora, cuxo alter ego narrativo unifica o conxunto como protagonista común.

"La bebida de las avispas" parte dunha anécdota cotiá, elevada a categoría cultural no tecido de crenzas, tradicións, experiencias e sentimentos da filosofía islámica.

MARÍA JESÚS DOMÍNGUEZ SÍO (Porriño, Pontevedra) é licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense, e catedrática de Lingua e Literatura en institutos de Madrid e o estranxeiro.

Escribiu libros de crítica literaria; de itineriarios histórico-literarios; edicións críticas da obra de Juan Ramón Jiménez; así como numerosos artigos sobre diferentes autores, pero fundamentalmente sobre o Nobel de Moguer.

Colaborou con varias universidades, e impartiu cursos e conferencias en distintas entidades culturais de España e América. Tamén publicou relatos en diversas revistas.

30 Enero 2014
Eventos
Imaxes