Presentación do libro, editado por Bubok, MI RELATIVO TÍO CAMILO JOSÉ CELA. VERDADES Y MENTIRAS, de Lola Ramírez

Eventos
09/18/2013
09/18/2013
18/09/2013

Presentación do libro, editado por Bubok, MI RELATIVO TÍO CAMILO JOSÉ CELA. VERDADES Y MENTIRAS, de Lola Ramírez

-

Esta obra é un retrato íntimo e inédito sobre o Cela máis descoñecido, un perfil do escritor e do home a través dos afectos e os lugares que tiveron destacada importancia na súa vida.

A periodista Lola Ramírez tivo ocasión de entrevistar a Camilo José Cela en varias ocasións e de visitalo na súa casa, achegándose así a un literato xenial e a un personaxe público singular ao que lle unían certos lazos familiares. As impresións persoais e un arduo traballo de investigación mestúranse nesta biografía que saca á luz algúns aspectos inéditos da traxectoria do premio Nobel.

O libro está escrito desde a mirada curiosa dunha sobriña de Camilo José Cela. Lola Ramírez comparte unha rama da súa familia co autor de "La familia de Pascual Duarte" e, desde a oportunidade que lle brindou este parentesco, compón un novedoso perfil de Cela. O neno mimado, o irmán entrañable e déspota, o xenial escritor, o pai atípico ou o amante apaixonado van xurdindo ao longo estas páxinas, nas que a autora nos amosa algunhas facetas descoñecidas do Nobel galego.

A presentación do libro correrá a cargo de José Manuel Rodríguez Gutiérrez, presidente da Sociedad Filatélica de Madrid e académico de número da Real Academia Hispánica de Filatelia.

18 Septiembre 2013
Eventos
Imaxes