Presentación do libro, editado por éride ediciones, "MANUEL FRAGA un gallego cubano, FIDEL CASTRO un cubano gallego", de MIGUEL ÁNGEL ALVELO CÉSPEDES

Eventos
02/11/2014
02/11/2014
11/02/2014

Presentación do libro, editado por éride ediciones, "MANUEL FRAGA un gallego cubano, FIDEL CASTRO un cubano gallego", de MIGUEL ÁNGEL ALVELO CÉSPEDES

-

O libro está prologado por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia. Durante a presentación, proxectaránse imaxes das visitas de D. Manuel Fraga Iribarne a Cuba nos anos 1991 e 1998.

Miguel Ángel Alvelo Céspedes debulla a relación de Manuel Fraga con Cuba, unha terra pola que sentía un fondo sentimento de afecto, que forxou sendo rapaz e que mantivo constante ao longo da súa vida. Este aprezo reflíctese no feito de que visitou a illa ata en dúas ocasións sendo presidente da Xunta.

Manuel Fraga sempre defendeu que as relacións entre Cuba e Galicia foran asumidas como unha relación de familia.

No libro enlázase a vida destes dous dirixentes políticos, Fraga e Fidel Castro,  tetesmuños da emigración galego-cubana, ambos doutores en Dereito e que agora biografía o escritor, Miguel Ángel Alvelo, tamén cubano de ascendencia galega, aínda que residente en Madrid.

Alvelo elaborou un libro desde unha perspectiva exclusivamente cultural, non política. Alvelo insiste en que é un historiador, fala de políticos, non de política; pois pensa que puido máis a relación persoal que a ideoloxía. Trátase pois dun libro apolítico e cultural. 

O libro tamén reflicte a visita de Fidel Castro a Galicia. 

Este traballo, que contou coa axuda de Margarita, irmá de Fraga, recolle tamén o sentir dos presidentes das entidades galegas en Cuba cando faleceu Fraga.

MIGUEL ÁNGEL ALVELO CÉSPEDES é profesor graduado de Eduación Física e Deportes pola facultade Manuel Fajardo (Provincia de Camagüey, República de Cuba). Ex director da Federación Canaria de Natación (Delegación Lanzarote), foi colaborador con diferentes medios de comunicación en Lanzarote (Canarias).

É fundador do primeiro Club de Natación Rosalía de Castro Habana (Cuba).

11 Febrero 2014
Eventos
Imaxes