Presentación do libro, editado por Galicia Digital, EL QUIJOTE DE MADERA, de Francisco Javier Neira Pampín
Trátase da primeira incursión no mundo da novela deste urólogo santiagués residente en Lugo. A historia transcorre na Compostela dos anos cincuenta onde o rural invadía a cidade e os seus habitantes arrastraban unha existencia humilde e sacrificada. O acto de presentación do libro estará presidido polo delegado da Xunta en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; e intervirá, ademais do autor, o xornalista Xulio Xiz.
Transcorren os anos sesenta. A aparición do corpo dunha moza salvaxemente mutilada na beira do río Sar desecadena unha secuencia de acontecementos na columna vertebral do tecido social da cidade de Santiago de Compostela. Unha complexa rede de ambición e envilecemento, cos seus variopintos personaxes inmersos no odio, o amor e a lealtade, fan desta novela un libro emocionante e seductor.
Trátase, nada máis e nada menos, que do poder da vida e da morte a través de diversos escenarios cos seus peculiares actores. O resultado é un argumento tremendamente sólido con dous mundos contrapostos, riqueza e pobreza.
É unha novela diferente en canto á súa trama profundamente realista, grazas eso si, ás vivencias de xuventude do seu autor. Unha trama sólida e firme ganduxada con rico filamento léxico, dentro do abanico social da época franquista.
Con gran minuciosidade, Neira Pampín analiza os privilexios dun estamento clerical personificado nun membro corrupto que, ao considerarse inviolable na súa ansia polo poder, acaba cegado e conducido á tolemia. Ao fin, os peóns do axedrez no que se xoga a partida, e que tan maxistral e destramente manexa Neira Pampín, conseguen abatir ao rei que se cría inmune e sagrado.
Francisco Javier Neira Pampín naceu en Santiago de Compostela. Licenciado en Medicina e Cirurxía na cidade compostelá, desenvolveu a súa vida profesional como especialista en Uroloxía na cidade de Lugo.