Presentación do libro "El encuentro de las aguas", de CARLOTA LAMA, publicado por Ediciones Atlantis
Con formación anglosaxona, a autora coruñesa publica a súa primeira novela, na que expón unha forma moi peculiar de mostrar o mundo. O título da novela fai referencia á confluencia das augas na desembocadura do río Miño, pero tamén ao encontro da propia autora coas súas orixes.
A desembocadura do río Miño, entre Galicia e Portugal, conforma unha paisaxe sen igual, que sobrecolle, pero nese punto, as augas doces e salgadas están en perpetua loita, como as almas de Susana e Miguel, cuxas vidas parecen perseguidas pola sombra dun home que deu renda solta aos seus instintos aproveitando a súa posición: don Eusebio, o cura da aldea que está a piques de morrer, e a súa morte une a dous seres pexados pola hipocresía e covardía do párroco.
Os personaxes analizan a súa vida nunha sincera e apaixonada búsqueda interior. Vannos amosando a perspectiva da súa existencia dándonos, ás veces, os seus puntos de vista dos mesmos feitos, pasados e presentes, os seus medos e alegrías, escoitando a música dos seus movementos interiores, as súas contradiccións, as súas victorias e fracasos, evocando, acaso, o encontro das augas, onde a loita non ten fin.
"El encuentro de las aguas" é unha novela con sabor e olor, onde cada páxina zumega o ambiente no que se desenvolve a acción, onde se plasma o esforzo de cada protagonista por coñecerse a si mesmo e aos demais, a superar o pasado e o medo, aínda que os segredos son demasiado profundos...
CARLOTA LAMA (A Coruña, 1949). Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e especializada na ensinanza da Lingua Inglesa na International House en Londres.
Viviu en varios países e traballado como profesora de inglés xeral, primeiro, e de inglés comercial máis tarde en diversas institucións, dependendo dos lugares de España nos que foi residindo. Na actualidade vive en Madrid e dedíacase exclusivamente á Literatura.
A súa formación anglosaxona e a súa afición á literatura "colonial" (asiática e africana especialmente) e á diversidade cultural marcaron a súa forma de entender o mundo e con iso a súa escritura. As súas profundas raíces galegas fan que se sinta especialmente cómoda situando os seus relatos nesa terra que tan ben entende desde a distancia.
Leva uns dez anos escribindo, tres novelas terminadas, dúas en elaboración e esta novela que presenta é a primeira que publica.