Presentación do libro EL FÚTBOL (NO) ES ASÍ, de Manuel Mandianes, antropólogo do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), escritor e teólogo

Eventos
06/22/2016
06/22/2016
22/06/2016

Presentación do libro EL FÚTBOL (NO) ES ASÍ, de Manuel Mandianes, antropólogo do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), escritor e teólogo

-

Intervirán, ademais do autor, Fernando Ónega, xornalista e escritor; e Sergio Sauca, xornalista e presentador de deportes de TVE1.

Neste estudo tratarase de sacar á luz as estruturas esenciais sobre as que se apoia o fenómeno fútbol, abrilo en canle; tentar descubrir que hai detrás e no fondo. O fútbol non é un fenómeno illado, senón un elemento do mundo actual que só significa algo dentro do conxunto, e á súa vez, o conxunto gaña significado se se entende o fútbol.

Poucas actividades hai que teñan tanto poder de convocatoria e motivación, e que ademais sexan compartidas por persoas de tan diferentes idades, sexos, culturas e relixións como o fútbol.

Os cristiáns teñen o templo, os xudeus a sinagoga, os musulmáns a mesquita. E todos eles o estadio de fútbol. O home, cando deixa de ter esperanza no máis aló, consólase con supersticións no máis acó. O fútbol é unha máscara que oculta outra realidade de marcado carácter relixioso.

Para entender a sociedade dos nosos días é necesario analizar o protagonismo que lle concede ao fútbol, que move miles de millóns de euros, enche estadios inmensos cada domingo ou calquera outro día da semana.

O estudo divídese en tres partes: 1. O que se ve: o club, os acontecementos e os afeccionados; 2. o que se cre ver: os personaxes, especialmente as estrelas e os que pululan ao redor delas; e 3. o que non se ve, pero que constitúe o seu urdimbre: o poder, o diñeiro, a corrupción, a súa manipulación para vehiculizar ideoloxías e o fútbol como profesión de fe que moitos crían perder.

MANUEL MANDIANES (Loureses, 1942) doutor en Antropoloxía e en Teoloxía pola Universidade de Estrasburgo e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade española, é antropólogo do Consello Superior de Investigacións Científicas e autor dunha ducia de libros.

Escribiu, entre outras obras, Loureses, un village de la Galice; Las serpientes contra Santiago; Peregrino a Santiago, viaje al fin del mundo; El Valle de Josafat; O río de esquecemento; Raposiño e o cego e Viaxe sen retorno.

Publicou máis de cen artigos en revistas científicas e centenares de artigos en diferentes xornais. Escribe unha vez ao mes na sección "Tribuna Libre" do diario El Mundo e colabora con frecuencia en programas de radio e televisión.

 

22 Junio 2016
Eventos
Imaxes