Presentación do libro "GALICIA ENTRE COPAS. Un viaje fascinante por los mejores vinos del fin del mundo", de MARIANO FISAC, publicado por Hércules de Ediciones

Eventos
03/09/2015
03/09/2015
09/03/2015

Presentación do libro "GALICIA ENTRE COPAS. Un viaje fascinante por los mejores vinos del fin del mundo", de MARIANO FISAC, publicado por Hércules de Ediciones

-

Trátase dunha guía de viños galegos alternativa, con textos amenos e ilustracións e fotografías expresamente realizadas para a obra.

No acto intervirán, ademais do autor, Laura Rodríguez Herrera, editora; Pepe Solla, cociñeiro e Estrella Michelín; e Orlando Lumbreras, viticultor e xornalista de Radio 3.

Mariano Fisac, galego afincado en Madrid, mostrou desde sempre unha especial inquietude polo mundo do viño. Esa inquietude manifestouse en 2008 co blog Mileurismo Gourmet, desde o que proponía unha visión asequible e democrática da gastronomía de calidade, cun especial foco no viño. A web tivo gran éxito e numerosos seguidores, colocándose no alto dos principais rankings de blogs de viño e gastronomía de España.

Agora, desde as páxinas deste libro "Galicia entre copas. Un viaje fascinante por los mejores vinos del fin del mundo", deléitanos amosándonos unha Galicia de uvas e viñedos que devolven o respecto á terra, producindo viños que espertan todos os sentidos antes de chegar ao padal. É unha guía especialmente dedicada a quen quere apreciar e gozar o viño sen máis. Nestas páxinas só teñen cabida produtores que realizan elaboracións tradicionais e prescinden de tratamentos residuais agresivos co medio ambiente.

O volume, prologado polo cociñeiro Pepe Solla, recolle más de 50 adegas, estruturadas nas cinco denominacións de orixe, máis un capítulo no que caben viños moi interesantes pero que por distintas razóns quedaron fóra desta clasificación oficial.

09 Marzo 2015
Eventos
Imaxes