Presentación do libro" LUGO, A CIDADE DOS TESOUROS ENCANTADOS", de Lois Diéguez e con fotografía de Xulio Gil, publicado por Engaiolarte Edicións

Eventos
11/12/2014
11/12/2014
12/11/2014

Presentación do libro" LUGO, A CIDADE DOS TESOUROS ENCANTADOS", de Lois Diéguez e con fotografía de Xulio Gil, publicado por Engaiolarte Edicións

-

Unha proposta literaria imaxinativa que formula unha visión moi persoal da cidade lucense, estimulando ao lector a contemplala con ollos novos e camiñar á descuberta das mútiples alfaias que encerra.

O evento contará coas intervencións de Henrique Albor, Nicolás Herchón, Nacho Pérez, Inés Canosa, Lila Rodríguez, Eva Lema, Xan Carballa (Engaiolarte Edicións), Xulio Gil e Lois Diéguez e inclúe a proxección dun vídeo que introduce ao espectador na proposta literaria e visual desta obra, que aposta por un novo xeito de entrar na realidade da cidade, percorrendo as súas rúas e deténdose na descuberta de tesouros que só aparecen á vista do espectador e o visitante atento.

12 Noviembre 2014
Eventos
Imaxes