Presentación do libro MAN Y BEL, de Ana Asparouhova, publicado polo Grupo Editorial Sial-Pigmalión
Este libro está dedicado á engaiolante especie canina dos grifóns. A introdución contén breves informes da orixe e as singularidades características desta variedade.
No acto de presentación intervirán, ademais da autora, o Dr. Pedro Sánchez-Algaba, profesor da Facultade de Veterinaria de Madrid; Charis Mundi, fotógrafa e escritora; Gloria Nistal, escritora; e o presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada.
Como dignos representantes da raza grifóns, Man e Bel son os protagonistas do libro. Eles están en cada páxina coa súa individualidade, coa súa rutina diaria e co seu encanto. Están presentes na vida da autora, polo que ela, ineludiblemente cóase no conto coas súas vivencias. O libro é froito da súa necesidade de compartilas.
Ana Asparouhova é artista de profesión e naturalmente, á hora de elaborar o libro o primeiro que aprecereron foron os debuxos. Despois completouno co texto.
O libro está dirixido aos amantes do mellor amigo do home, a pequenos e grandes.