Presentación do libro NOS DIO POR LLORAR MIENTRAS LLOVÍA, de Vicente Araguas, publicado pola editorial LASTURA
Poeta, tradutor, ensaísta e crítico literario, Vicente Araguas regresa agora ao mundo da narrativa coa publicación Nos dio por llorar mientras llovía. Trátase dunha colección de relatos escritos ao redor das «diferentes maneiras de querer», que abarcan, como a propia editorial subliña, desde «o amor xuvenil ata o máis maduro, co selo común da derrota».
O acto será presentado polo xornalista e escritor, Alfonso S. Palomares; e tamén asistirá, ademais do autor, Lidia López Miguel, da editorial LASTURA.
Vicente Araguas (Neda, A Coruña, 1950) é un todoterreo da literatura, ben que con especial atención á poesía. No territorio narrativo é autor de dúas novelas en galego, Agora xa foi e A canción do verán e dun volume de relatos, Xuvia –Neda, do que hai tradución ao castelán co mesmo título. Vén exercendo a crítica literaria, en "El Urogallo", "Revista de Libros" e "Leer", ao tempo que o xornalismo de opinión en practicamente toda a prensa galega.
Nos dio por llorar mientras llovía é o seu primeiro volume de relatos escrito en español. Os seus personaxes incorren unha e outra vez no naufraxio, sabendo que voltarán a rexurdir á espera dunha nova embestida da oleaxe. Lirismo, humor, gotas surrealistas, liña clara ou esperpéntica, todo isto contén o libro que nos fala dun autor na cresta dunha ola onde surfean sentimentos e personaxes.
Con estilo rico no concepto e elegante na maneira, o lector encontrará neste libro todo menos un manual de instruccións. Que cada quen se equivoque como queira, pero que non perda as ganas de seguir intentándoo.