Presentación do libro "O ATRASO POLÍTICO DO NACIONALISMO AUTONOMISTA GALEGO", de Félix Rodrigo Mora
Este libro, publicado por Edições da Terra, investiga o mundo rural popular tradicional galego, penetrando a fondo na súa historia, desde o século XVIII ata a súa liquidación nos anos 90 do século pasado. Faino en polémica cos textos que máis eficazmente preconizou a industrialización e modernización capitalista da sociedad galega.
Félix Rodrigo Mora (1951) é un escritor, historiador e filósofo político español autodidacta. Autor de libros e artigos e prolífico conferenciante, é un estudoso crítico das formas de Estado, os sistemas de goberno e investigador da sociedade rural popular.
Ata 2007 formou parte do colectivo de crítica anti-industrial e anti-tecnolóxica "Los amigos de Ludd", cuxas principais publicacións entre 2001 e 2006 foron recollidas na "Antología de textos de Los Amigos de Ludd".
Desde 2008 centrou a súa obra escrita, a súa investigación e as súas conferencias, sobre as condicións conducentes a unha revolución democrática, axiolóxica e civilizadora, sobre política, historia, tecnoloxía, universidade, ética e pedagoxía, sobre as bases civilizadoras da natureza e a ruralidade, sobre o dano espiritual do alcol, a situación do nacionalismo autonomista galego e sobre a natureza negativa do Estado de Benestar.
O autor ten 16 libros publicados sobre diversos temas como historia, agricultura, economía, filosofía...etc. Tamén escribiu artigos e colabora habitualmente coas publicacións "Soberanía alimentaria, biodiversidad y culturas", "Agenda Viva", "Madrid histórico", "The Ecologist", "Generación.net"...