Presentación do libro O PILOTO, EL ÚLTIMO GUERRILLERO, de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Ediciones

Eventos
10/28/2015
10/28/2015
28/10/2015

Presentación do libro O PILOTO, EL ÚLTIMO GUERRILLERO, de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Ediciones

-

Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindible non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros, senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en organizarse en todo o Estado e a última en desaparecer.

No acto de presentación do libro intervirán, ademais do seu autor, Carlos González Reigosa, xornalista e escritor; e Francisco Rodríguez Iglesias, editor.

Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o Estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.

Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras. Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época. "O Piloto, el último guerrillero" é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas súas particulares circunstancias.

Ao mesmo tempo, trátase dunha obra polémica, pois vai facer repensar e tamén reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista en Galicia ,así como a súa conexión co "novo nacionalismo".

Para poder escribir a obra, o autor foi recompilando a documentación das historias que escoitaba cando era un rapaz, entrevistando a persoas que viviron en primeira persoa a época contada no libro e grazas á colaboración de pequenos historiadores da zona que foron documentando os feitos.

Ademais da novela, Afonso Eiré participou como guionista na realización do documental tamén titulado "O Piloto", dirixido por Xosé Reigosa, e que está sendo presentado por ciudades galegas e diversos festivais.

28 Octubre 2015
Eventos
Imaxes