Presentación do libro "PAZOS GALLEGOS. Materiales para su estudio", de Miguel Durán-Loriga y Salgado, editado pola Deputación de Pontevedra

Eventos
04/29/2014
04/29/2014
29/04/2014

Presentación do libro "PAZOS GALLEGOS. Materiales para su estudio", de Miguel Durán-Loriga y Salgado, editado pola Deputación de Pontevedra

-

Intervirán no acto D. Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra; D. Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra; e D. Juan Durán-Loriga y Rodrigáñez, fillo do autor, diplomático e embaixador de España en distintos países, que relatará a ardua tarefa que comezou o seu pai a mediados dos anos 40  e que agora se publica. 

Pazos Gallegos. Materiales para su estudio é unha obra coa que a Deputación de Pontevedra saca á luz diversos documentos froito dun longo traballo comezado en 1940 por Miguel Durán-Loriga y Salgado. Animado polo seu amigo o doutor López Suárez, Xan de Forcados, o seu obxectivo era unha publicación sobre as casas señoriais de Galicia. E para abordar a vertente histórica e xenealóxica da obra contou coa colaboración de Antonio Taboada Roca.

Durante cinco veráns, entre 1945 e 1949, Miguel Durán-Loriga, acompañado por Antonio Taboada Roca, recorreu gran parte de Galicia para estudar directamente os complexos pacegos. Froito deste traballo tomaron multitude de notas e realizaron fotografías, debuxos e planos.

A morte de Durán-Loriga na primavera de 1950 deixou inconcluso o traballo, pero a multitude de notas, debuxos, planos e fotografías que realizou foron entregados polos seus fillos, Juan e Miguel, ao Museo de Pontevedra en agosto de 1981 e pasaron a formar parte dos fondos desta institución. A Deputación decidiu publicar agora ese arduo traballo, que ten unha utilidade incuestionable para o estudo da arquitectura e a cultura dos pazos.

29 Abril 2014
Eventos
Imaxes