Presentación do libro "POEMAS SALVAJES", de Alfredo Puy

Eventos
10/22/2014
10/22/2014
22/10/2014

Presentación do libro "POEMAS SALVAJES", de Alfredo Puy

-

Este libro, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión, é unha recompilación de poemas froito da inspiración do seu autor. A natureza humana, as paixóns, o amor e outros temas transcendentais son tratados con profundidade e mestría.

É o libro dunha vida, porque os poemas que o integran son froito de épocas diversas da obra de Alfredo Puy e tamén, porque todos os temas que importan ao ser humano están tratados de maneira directa e natural.

O autor fai un percorrido pola súa infancia e xeografía, os personaxes da súa familia que máis o influíron, o seu pai, o seu avó, e o seu espertar ao amor e a súa culminación como persoa.

No acto de presentación intervirán, ademais do autor, Javier Bahamonde Santiso de Ossorio, historiador e escritor; José María Triper, xornalista e poeta; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sal Pigmalión.

22 Octubre 2014
Eventos
Imaxes