Presentación do libro "Por qué nunca fui de izquierdas, ni nacionalista... pero sí liberal", do avogado DOMINGO GOÁS CHAO

Eventos
10/09/2014
10/09/2014
09/10/2014

Presentación do libro "Por qué nunca fui de izquierdas, ni nacionalista... pero sí liberal", do avogado DOMINGO GOÁS CHAO

-

Neste ensaio, editado por de buena tinta, o autor explica as súas conviccións liberais como froito dunha ampla experiencia en países ideoloxicamente afastados delas.

Numerosas personalidades que onte enarboraron as bandeiras da esquerda son hoxe destacados adaíles do liberalismo. Non é o caso do autor deste libro, sempre afastado de toda tentación socialista ou nacionalista: en resumidas contas, totalitaria. Este ensaio pretende arroxar luz sobre a mentira. O autor considera que o remedio aos agudos problemas da España de hoxe ten que saír do seo do pobo, dunha mocidade que con valor crea en si mesma e non desista na esperanza.

O libro será presentado por Xulio Xiz, xornalista e director de Galicia Digital; e Julio Rico Esteban, letrado en exercicio do ICAM.

DOMINGO GOÁS CHAO (Vilalba, Lugo, 1935) estudou no colexio dos xesuítas de Vigo. Obtivo a licenciatura en Dereito pola Universidade Complutense, especializándose logo en Dereito Urbanístico.

Foi asesor da Dirección Xeral de Promoción de Turismo no ministerio correspondente e da Comisión Central de Saneamento do Ministerio de Gobernación, ademais de director do Departamento Inmobiliario da Unión Resinera Española S. A. Colaborou en diversos proxectos turísticos públicos en Brasil e Venezuela.

Foi o primeiro avogado español que interveu en Estrasburgo ante a Comisión Europea dos Dereitos Humanos contra o Goberno da Confederación Helvética, experiencia que deu lugar á súa obra Una aventura europea. Actualmente prepara a publicación de dúas novas novelas.

09 Octubre 2014
Eventos