Presentación do libro "QUÉ ES LA FOTOGRAFÍA", de Francisco Rodríguez Pastoriza, editado por Lunwerg

Eventos
06/29/2015
06/29/2015
29/06/2015

Presentación do libro "QUÉ ES LA FOTOGRAFÍA", de Francisco Rodríguez Pastoriza, editado por Lunwerg

-

Este libro reúne, cunha linguaxe clara e amena, o máis relevante ocorrido no universo fotográfico ao longo de case dous séculos: desde os primeiros daguerrotipos e os pioneiros, ata os paparazzi ou as tendencias actuais, pasando pola fotomontaxe, a fotografía de moda, o retrato ou a fotografía conceptual.

Intervirá no acto de presentación do libro, ademais do seu autor, Javier ortega, director editorial de Lunwerg.

Qué es la fotografía reúne as claves para entender o feito fotográfico no seu conxunto: os nomes fundamentais, os grandes movementos, as principais axencias, as fotos icónicas, as anécdotas e numerosos datos de interese.

A evolución da arte fotográfica é un dos procesos máis fascinantes dentro da historia da arte, a comunicación e a cultura. Nun contexto cada vez máis visual, o carácter simbólico, informativo e estético das fotografías multiplicáronse de tal modo nas últimas décadas que estas pasaron a formar parte da nosa vida impregnando a nosa linguaxe cotiá.

En pleno auxe do fotolibro, convén deterse a reflexionar sobre a importancia dos libros de fotografía, e aínda máis, acerca da transcendencia das propias imaxes e os seus autores na actualidade.

Esta é, pois, unha obra que se converterá en referencia imprescindible para todos os entendidos e expertos, así como para aqueles interesados ou afeccionados que se acheguen por primeira vez á arte fotográfica.

FRANCISCO RODRÍGUEZ PASTORIZA é profesor de Fotografía na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Ademais imparte as asignaturas Comunicación e Información Audiovisual e Información Cultural na mesma universidade. É tamén profesor do Master de Periodismo Cultural da Universidade CEU San Pablo.

É autor dos libros Periodismo Cultural (2006), Cultura y Televisión. Una relación de conflicto (2003), La mirada en el cristal. La información en televisión (2003) e Perversiones televisivas. Una aproximación a los nuevos géneros audiovisuales (1997).

29 Junio 2015
Eventos
Imaxes