Presentación do libro "Quise ser la barca comprimida en tus remos", de ROSA MARÍA MILLEIRO, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión

Eventos
10/04/2017
10/04/2017
04/10/2017

Presentación do libro "Quise ser la barca comprimida en tus remos", de ROSA MARÍA MILLEIRO, publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión

-

Intervirán no acto, ademais da autora, Carlos Jorge García, presidente da Federación Española de Surf; Ángel Mato Escolano, senador do PSOE pola provincia da Coruña; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión.

ROSA MARÍA MILLEIRO naceu en Ferrol. É publicista e profesional da comunicación. Presenta e dirixe o programa de medicina preventiva "Salud y Vida" desde 1994 en TVL.

Obtivo o XVIII premio de poesía en galego da SAF (2009). O primeiro dos seus poemarios, editado por ela mesma en 2008, leva por título Conversando conmigo en noches de silencio. Seguírono Paseo mis pies desnudos (Editorial Vitrubio, 2012), Acaricié el fresno (Sial Pigmalión, 2013) e Amarré la distancia en el cordón de mis zapatos (Sial Pigmalión, 2015).

O título do libro é unha suxestión do que a obra -testemuño dunha muller chea de matices e aparentes contradicións- esconde. Non hai imposturas emotivas nin complicados recursos lingüísticos que poderían escurecer a realidade íntima de Rosa María Milleiro. A poeta preséntasenos  en toda a complexidade dos seus sentimentos que brotan como un sopro de aire limpo nun mundo de impostura, de sobreactuacións e de pretextos para marxinar a poesía e considerala un xénero decadente.

A sinceridade e a humildade do relato son a mellor garantía da xenerosidade que supón asumir o risco de ofrecer o mundo máis íntimo sen medo ás críticas ou a unha interpretación terxiversada da intimidade de quen se ispe ante os lectores.

 

04 Octubre 2017
Eventos
Imaxes