Presentación do libro "RELATOS DE HALCONES Y PALOMAS. Historias de la vida misma", de EUGENIO FEIJOO

Eventos
12/02/2015
12/02/2015
02/12/2015

Presentación do libro "RELATOS DE HALCONES Y PALOMAS. Historias de la vida misma", de EUGENIO FEIJOO

-

Cun estilo de frases breves e frecuentes xiros coloquiais facilmente comprensibles ao lector, Eugenio Feijoo ofrécenos un conxunto de relatos que transcenden a pura anécdota, e que se basean en situacións, persoas e feitos que o autor viviu de preto, polo que en todos os casos consegue un realismo efectivo.

No acto de presentación do libro intervirán, ademais de autor, Sergio Mejías, director de Bubok e Bernardino M. Hernando.

Eugenio Feijoo Alonso, escritor e xornalista, naceu en Madrid, pero a maior parte da súa nenez transcorreu na aldea ourensá de Abeleda.

Con 20 anos publicou en Madrid unha pequena revista titulada Pasos. Máis adiante colaborou en medios  informativos como Diario SP, Signo, La Voz del Trabajo, Fomento Social, La Gaceta del Norte ou Blanco y Negro. Foi director da axencia informativa Hispania Press e posteriormente fundador e director da axencia Saphan Press. Traballou nas empresas Publicaciones Internacionales e Tecnipublicaciones. Nesta última foi director da División de Publicaciones Comerciales.

En 2004 publicou en galego Revista da Ribeira Sacra e foi socio fundador da editorial Multimedia Siete de Castilla y León, editora dos semanarios Ávila Siete e Palencia Siete. Entre 1991 e 1997 foi director xeral da editorial General de Ediciones Especializadas.

En 2001 publicou Un Ruiseñor en la Abadía, o seu primeiro libro, en 2013 Los silencios de Martina e en 2014 Casa de Vecinos.

"Relatos de halcones y palomas" é un libro de historias recollidas da vida mesma. Nárranse diferentes tipos de comportamento baixo os conceptos articuladores e xenéricos de falcóns e de pombas. No grupo de Falcóns inclúense relatos e personaxes cuxo lema adoita ser a lei do máis forte, mentres que nos de Pombas expóñense comportamentos e protagonistas que soportan ou adoptan un papel de vítimas, ou que elixen unha filosofía de vida pacifista.

Os relatos están formados por tres grandes bloques: o amor, a empresa e a sociedade, aínda que algúns se entrecruzan. En varios deles, sobre todo os que reflicten vida de empresa, o autor recorre á sátira para profundar máis nos personaxes e no contido. Noutros utiliza a crítica social para poñer de manifesto a estupidez humana ou algunhas dos costumes que se están impoñendo na sociedade española.

02 Diciembre 2015
Eventos
Imaxes