Presentación do libro "SOLO RIVAS FONTÁN. Memorias de un político fuera del rebaño", de Adrián Rodríguez, publicado por Alvarellos editora

Eventos
06/29/2016
06/29/2016
29/06/2016

Presentación do libro "SOLO RIVAS FONTÁN. Memorias de un político fuera del rebaño", de Adrián Rodríguez, publicado por Alvarellos editora

-

José Rivas Fontán, protagonista imprescindible para entender non só a historia de Pontevedra, que corre paralela á súa, senón a dun país e a súa democracia; un retrato debuxado nunhas memorias que, sabiamente armadas polo xornalista Adrián Rodríguez, constitúen un exercicio de sinceridade abrumadora.

No acto intervirán, ademais do autor, o ex alcalde de Pontevedra, José Rivas Fontán; o xornalista e escritor e prologuista do libro, Manuel Jabois; e o editor Henrique Alvarellos.

Quen é José Rivas Fontán? O primeiro alcalde democrático de Pontevedra? O líder sindical do movemento de mestres que acabou como deputado constituínte nas filas da UCD de Adolfo Suárez? O primeiro secretario xeral da Xunta de Galicia? O home que se enfrontou a Luciano Varela e sufriu un "via crucis" xudicial? O político que coñeceu a fondo a Mariano Rajoy, a Manuel Fraga, a Xosé Cuíña ou ao propio Suárez? A vella gloria que se foi do PP dando un portazo? Ou é tamén Pepiño da Gándara, aquel neno de Verducido? Ou o pai que asistía impotente ao seu desfile xudicial no Telediario das tres? O alcalde que plantou batalla ou o ser humano que notaba unha erosión interior abraiante e imparable?

En 23 capítulos, xornalista e político conseguiron resumir a longa traxectoria dunha das persoas claves do inicio da democracia na capital da provincia. Así, lémbrase o paso do pontevedrés pola UCD de Adolfo Suárez, a súa época como independente e a súa decepción con Alianza Popular. No libro lémbranse feitos importantes para a cidade como o incendio do Teatro Principal, o peche de traballadores de Raymundo Vázquez no Concello, o polémico conxunto escultórico da Avenida de Montero Ríos que conta cun soldado cun rostro idéntico ao do ex alcalde. Así mesmo, a publicación dedica varios capítulos a unha das partes máis duras da vida pública de Rivas Fontán: o seu enfrontamento co xuíz Luciano Varela.


 

29 Junio 2016
Eventos
Imaxes